We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Aporcalipsis E​.​P.

by NoxxO

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.

    Aporcalipsis E.P de Noxxo é gratuito. Se consideras oportuno facer unha donación estaremos encantados. Gastarémolo en cerveza e si sobra algo compraremos cables e cordas.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

1.
A PLAÑIDEIRA Chaman o choro os bronzes da igrexa, cobrouse o mar a sua cuota pesqueira. Vese un sorriso nos beizos da vella, sabe que a morte lle acouga a xaneira. Quiso primeiro vende-la sua alma, probou despois a venderse na cama. So lle quedaba vende-las suas bagoas, nas negras noites de dor e de ansia. ¿A QUE CHEIRAN OS MORTOS? DIME TI ,MIÑA VELLA., A MIN CHEÍRANME A PAN, A CARÓN DA LAREIRA.!!! Míralle os ollos a negra sombra, e disques as veces durme co demo. Viste de negro, escuro e perpétuo e hasta o cacique tenlle respeto. Cóntase a lenda que noutra aldea non lle quixeron pagar un enterro. din que o defunto que era gaiteiro anda a tocar nas portas do inferno. ¿A QUE CHEIRAN OS MORTOS? DIME VELLA RAMEIRA, A MIN CHEÍRANME A PAN, DÍXOME A PLAÑIDEIRA!!!
2.
OS PORCOS PANDERETEIROS Somos celtas e galegos, fachendosos dos antergos Somos como os corvos negros, mensaxeiros do averno Mercenarios da tristura e funcionarios do perdón zarralleiros da loucura e afiadores da razón Embruxados pola terra e namorados do nordés ruxidores da inxusticia e pregoeiros do que ves Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos guerreiros Somo-los porcos pandereteiros!!, saude e amizade ,cerveza e gaiteiros Somos bestas enmeigadas, menciñeiros das xaneiras Obxetores das guedellas, insumisos do regetón. Somos lume do inferno que so queima os cabróns mariñeiros encallados nunha neboa de paixón Lumes fatuos da queimada que alumian o noso lar vermes negros que podrecen a incultura e a maldad. Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos guerreiros Somo-los porcos pandereteiros!!, saude e amizade ,cerveza e gaiteiros Somos toxos do pensamento insurgentes do orballo Bolboretas do maligno os parrulos de Satanas A lareira na que arden as morriñas e o lembrar, as fervenzas e os rios, a salitre e o noso mar. Treboadas que enfeitizan eses ollos o chorar, unha folerpa de auga fria que pola fiestra ves chegar. Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos guerreiros
3.
FERRADOS DE SANGUE Oscuras voces, na tua cabeza, comezas a escoitar as leiras son túas, ándate con ollo, quérenchas quitar. Non te quedes, de brazos cruzados, tes que reaccionar os parentes e veciños, espido sen nada, vante deixar. Co coitelo dos porcos saes á rúa a cazar. Ca ollada perdida comezas a matar. Medo berros e laidos, mesturados con psicose, ira e carraxe agonía morte, o pobo asolagado, polos ríos de sangue. Unha vila tranquila, tinguida de loito, polo culpa dun tarado herdeiros tanatorios, moscas e vermes, fréganse as mans. Co coitelo dos porcos saes á rúa a cazar ca ollada perdida comezas a matar. Co coitelo dos porcos saes á rúa a cazar ca ollada perdida comezas a matar. Orgulloso da sua obra o lume arrasa a sua casa deitado na cama agarda o seu FInal
4.
SEN RAZON PRA NON MORRER Eu non podo esquencer cando á morte quixo amar sen darse tempo pra nacer. Disciplina e opresión non sabía como escapar sempre medo e frustración. Sempre tivo as de perder nunca a luz puido atopar e a alma veu podrecer. Como dicia aquela canción que fala de camiñar nunha soa dirección. Sen volta atrás , non hai mañán pra perder Sen nada máis, non hai razón pra non morrer Non querías ver o mencer porque tiñas que marchar xa que o cego xa non ve. Se nunca viches solución se chorabas sen pregunta nin esperabas o perdón. Ti subiches pra non volver sen rencor e sen odiar sen máis bágoas que verter. Ti non pediches compasión o teu destino era voar camiñando cara a perdición. Sen volta atrás , non hai mañán pra perder Sen nada máis, non hai razón pra non morrer Sen volta atrás , non hai mañán pra perder Sen nada máis, non hai razón pra non morrer
5.
NARCO (FARIÑA E SALITRE) Louvado polos críos, maldecido polas nais Mil pazos construidos, con osos de rapaz. Bendecido pola xente, cando o carto lles chegaba Con contactos en Colombia, comprando os de aduanas. Toda unha xeración, sen pasado que contar Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar. Narco, planeadoras e caciques Narco, fariña e salitre Heroe sen cultura, con aires de fidalgo Sen mostra de vergoña, cando vas o camposanto. Estigma dos galegos, indigno desa orixe Cando vías eses cartos, feitos de bagoas e salitre. Toda unha xeración, sen pasado que contar Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar. Narco, planeadoras e caciques Narco, fariña e salitre. Ahi vamos a marea!! Na procura da fariña!! Mentras o xefe e os de verde!! Comen na marisqueria!! Toda unha xeración, sen pasado que contar Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar Narco, planeadoras e caciques Narco, fariña e salitre.Fariña e salitre

about

Este enxendro foi consumado nos estudios "El Taller" da Coruña no Anno Domini 2019, encargándose da sua mezcla, masterización e pasteurización o gran Carlos Arean.

credits

released February 5, 2020

Tódolos temas estan compostos por Jose, "O Desbrozador" e por Bully ,"O Coxo". A portada do porco asasino é obra de Jose "O Desbrozador"

license

tags

about

NoxxO A Coruña, Spain

Noxxo é unha banda galega de impresentables pandereteiros formada na Coruña xa fai un tempo.
Punk, Rock, Hardcore ou Metal..somos capaces de destrozar calquer estilo.

contact / help

Contact NoxxO

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like NoxxO, you may also like: