1. |
A Plañideira
03:02
|
|||
A PLAÑIDEIRA
Chaman o choro os bronzes da igrexa,
cobrouse o mar a sua cuota pesqueira.
Vese un sorriso nos beizos da vella,
sabe que a morte lle acouga a xaneira.
Quiso primeiro vende-la sua alma,
probou despois a venderse na cama.
So lle quedaba vende-las suas bagoas,
nas negras noites de dor e de ansia.
¿A QUE CHEIRAN OS MORTOS?
DIME TI ,MIÑA VELLA.,
A MIN CHEÍRANME A PAN,
A CARÓN DA LAREIRA.!!!
Míralle os ollos a negra sombra,
e disques as veces durme co demo.
Viste de negro, escuro e perpétuo
e hasta o cacique tenlle respeto.
Cóntase a lenda que noutra aldea
non lle quixeron pagar un enterro.
din que o defunto que era gaiteiro
anda a tocar nas portas do inferno.
¿A QUE CHEIRAN OS MORTOS?
DIME VELLA RAMEIRA,
A MIN CHEÍRANME A PAN,
DÍXOME A PLAÑIDEIRA!!!
|
||||
2. |
Os Porcos pandereteiros
03:04
|
|||
OS PORCOS PANDERETEIROS
Somos celtas e galegos, fachendosos dos antergos
Somos como os corvos negros, mensaxeiros do averno
Mercenarios da tristura e funcionarios do perdón
zarralleiros da loucura e afiadores da razón
Embruxados pola terra e namorados do nordés
ruxidores da inxusticia e pregoeiros do que ves
Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos
guerreiros
Somo-los porcos pandereteiros!!, saude e amizade ,cerveza e
gaiteiros
Somos bestas enmeigadas, menciñeiros das xaneiras
Obxetores das guedellas, insumisos do regetón.
Somos lume do inferno que so queima os cabróns
mariñeiros encallados nunha neboa de paixón
Lumes fatuos da queimada que alumian o noso lar
vermes negros que podrecen a incultura e a maldad.
Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos
guerreiros
Somo-los porcos pandereteiros!!, saude e amizade ,cerveza e
gaiteiros
Somos toxos do pensamento
insurgentes do orballo
Bolboretas do maligno
os parrulos de Satanas
A lareira na que arden as morriñas e o lembrar, as fervenzas e os
rios, a salitre e o noso mar.
Treboadas que enfeitizan eses ollos o chorar, unha folerpa de auga
fria que pola fiestra ves chegar.
Somo-los porcos pandereteiros!!, trasnos enxebres e bravos
guerreiros
|
||||
3. |
Ferrados de sangue
02:17
|
|||
FERRADOS DE SANGUE
Oscuras voces, na tua cabeza, comezas a escoitar
as leiras son túas, ándate con ollo, quérenchas quitar.
Non te quedes, de brazos cruzados, tes que reaccionar
os parentes e veciños, espido sen nada, vante deixar.
Co coitelo dos porcos
saes á rúa a cazar.
Ca ollada perdida
comezas a matar.
Medo berros e laidos, mesturados con psicose, ira e carraxe
agonía morte, o pobo asolagado, polos ríos de sangue.
Unha vila tranquila, tinguida de loito, polo culpa dun tarado
herdeiros tanatorios, moscas e vermes, fréganse as mans.
Co coitelo dos porcos
saes á rúa a cazar
ca ollada perdida
comezas a matar.
Co coitelo dos porcos
saes á rúa a cazar
ca ollada perdida
comezas a matar.
Orgulloso da sua obra
o lume arrasa a sua casa
deitado na cama
agarda o seu FInal
|
||||
4. |
Sen razón pra non morrer
02:21
|
|||
SEN RAZON PRA NON MORRER
Eu non podo esquencer
cando á morte quixo amar
sen darse tempo pra nacer.
Disciplina e opresión
non sabía como escapar
sempre medo e frustración.
Sempre tivo as de perder
nunca a luz puido atopar
e a alma veu podrecer.
Como dicia aquela canción
que fala de camiñar
nunha soa dirección.
Sen volta atrás , non hai mañán pra perder
Sen nada máis, non hai razón pra non morrer
Non querías ver o mencer
porque tiñas que marchar
xa que o cego xa non ve.
Se nunca viches solución
se chorabas sen pregunta
nin esperabas o perdón.
Ti subiches pra non volver
sen rencor e sen odiar
sen máis bágoas que verter.
Ti non pediches compasión
o teu destino era voar
camiñando cara a perdición.
Sen volta atrás , non hai mañán pra perder
Sen nada máis, non hai razón pra non morrer
Sen volta atrás , non hai mañán pra perder
Sen nada máis, non hai razón pra non morrer
|
||||
5. |
Narco (Fariña e salitre)
05:38
|
|||
NARCO (FARIÑA E SALITRE)
Louvado polos críos, maldecido polas nais
Mil pazos construidos, con osos de rapaz.
Bendecido pola xente, cando o carto lles chegaba
Con contactos en Colombia, comprando os de aduanas.
Toda unha xeración, sen pasado que contar
Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar.
Narco, planeadoras e caciques
Narco, fariña e salitre
Heroe sen cultura, con aires de fidalgo
Sen mostra de vergoña, cando vas o camposanto.
Estigma dos galegos, indigno desa orixe
Cando vías eses cartos, feitos de bagoas e salitre.
Toda unha xeración, sen pasado que contar
Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar.
Narco, planeadoras e caciques
Narco, fariña e salitre.
Ahi vamos a marea!! Na procura da fariña!!
Mentras o xefe e os de verde!! Comen na marisqueria!!
Toda unha xeración, sen pasado que contar
Sen futuro, sen opción, de volver a camiñar
Narco, planeadoras e caciques
Narco, fariña e salitre.Fariña e salitre
|
NoxxO A Coruña, Spain
Noxxo é unha banda galega de impresentables pandereteiros formada na Coruña xa fai un tempo.
Punk, Rock, Hardcore ou Metal..somos capaces de destrozar calquer estilo.
Streaming and Download help
If you like NoxxO, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp